Xa fai case tres semanas, comezamos unha interesante actividade na aula de 4º de educación Infantil: O protagonista da semana. O primeiro en comezar foi Xoel, que nos contou cousiñas sobre a súa vida, a súa familia. O resto de nenos/as ídevos preparando que tamén vos vai tocar!!!
Xoel tróuxonos o seu xoguete favorito (dinosaurio), un conto que lle encanta e que aproveitamos para ler na aula, unhas fotografías da súa familia, e unha roupiña de cando era bebé, co que aproveitamos para traballar os conceptos grande/pequeno. Tamén vimos o seu libro de protagonista, con un montón de cousiñas del!!!
Fixemos a silueta de Xoel!
Vaia fotos máis chulas nos trouxo Xoel!!!
Grazas Xoel!!!!
QUEN SERÁ O/A SEGUINTE??? ATENTAS/OS!!!!.............
Ningún comentario:
Publicar un comentario