Chegou o Entroido! Pero antes da festa do Entroido que este ano terá de temática o cine, o luns aparece no centro a figura
do Meco cos seus mandados (non acumulativos e só para Educación Infantil). Preparados/as?
O luns, algo na cabeza debes traer se ao meco queres
obedecer!
O martes, se queres sentirte glamuroso, viste con xeito o
pescozo!
O mércores non vaias tropezar, trae zapatos diferentes en
cada pé para poder bailar!
O xoves tedes que traballar, facede unhas antenas de abella
para a cabeza adornar!
O venres o Meco déixavos descansar, só tedes que vestirvos
de negro para a festa ben rematar!
Nota: Para a elaboración das antenas de abella podedes
empregar unha diadema do pelo, limpapipas e pompóns. Se botades un ollo pola
rede, poderedes ver diferentes modelos. Se algún ou algunha de vos xa as ten
mercadas ou as quere mercar tamén nos serven.
Como vedes, o deseño é libre, pero deixámosvos o seguinte
vídeo de exemplo por se necesitades algunha idea.
Titorial para realizar as antenas de abella.
Ningún comentario:
Publicar un comentario