A profe Paula conta o conto "¡Que viene el lobo!" de Émile Jadoul.
PAULO FREIRE
"A educación non cambia o mundo, cambia ás persoas que van cambiar o mundo" Paulo Freire
Etiquetas
25N
(1)
3 Anos
(97)
4 anos
(47)
5 anos
(32)
5anos
(1)
Aniversarios
(22)
Cancións
(29)
Confinamento en movemento
(11)
Conmemoracións
(28)
Contacontos
(8)
Contos
(16)
Curso 20-21
(80)
Curso 21-22
(39)
Curso 22-23
(2)
Dinosauros
(8)
EDLG
(33)
Entroido
(8)
Experimentos
(10)
Expresión oral
(5)
Grafomotricidade
(5)
Información ás familias
(5)
Ioga
(6)
Lectoescritura
(22)
Lembranzas no cole
(17)
Letras Galegas
(3)
Linguaxe oral
(4)
Lóxica-matemática
(22)
LSE
(2)
Mandados da Meca
(1)
Manualidades
(14)
Medio Ambiente
(6)
Mesa de Luz
(5)
Mochila Viaxeira
(14)
Música
(4)
Nadal
(15)
Números
(9)
Outono
(5)
Patios divertidos
(1)
Plurinfantil
(24)
Poesía
(1)
Presentación
(1)
Protagonista da Semana
(12)
Proxecta Aliméntate Ben
(1)
Proxectos
(2)
Psicomotricidade
(19)
Receitas
(2)
Recursos sobre o coronavirus
(3)
Reto
(11)
Robótica
(1)
Rutinas
(2)
Samaín
(2)
Saúde
(1)
Semana do libro
(6)
Son de Poetas
(1)
Sorpresas
(7)
Teatro
(1)
TICs
(8)
Xogos interactivos
(4)
martes, 31 de marzo de 2020
luns, 30 de marzo de 2020
Actividades coa recta numérica
Coa recta numérica podemos levar a cabo moitas actividades: traballamos a manipulación directa da grafía de cada número, vivenciamos có propio corpo a súa orde, contamos e recitamos de forma ascendente e descendente... Nas redes sociais do centro poderedes ver fotografías dalgunhas destas actividades.
Na casa podedes facer a vosa propia recta numérica pintándoa no chan (con xiz ou cinta aislante), ou empregando cartolinas nas que escribades cada un dos números. Podedes ir compoñéndoa e descompoñéndoa. Ir saltando número a número ou ata o número que se pida e logo preguntar cal é o seguinte ou anterior a ese número. Outra actividade pode ser buscar un número e facer unha colección con tantos obxectos como se diga, asociando cantidade coa grafía.
venres, 27 de marzo de 2020
Emparella o número co seu dado
A proposta de hoxe está relacionada coa lóxica-matemática pero dende unha perspectiva lúdica, grazas as TICs.
Dende móbil, tableta ou ordenador, podedes repasar os números xogando a emparellalos co seu dado as veces que queirades. Clica no nome do xogo e a divertirse!
xoves, 26 de marzo de 2020
NOTA IMPORTANTE
Ola familias,
Seguindo as instrucións de Educación, a avaliación do segundo trimestre levarase a cabo na data prevista, polo que dende Educación Infantil necesitamos que nos enviedes un correo electrónico, cos datos da nai/ pai e do alumno/a, para poder enviarvos a información correspondente, podedes facelo a través do correo que temos a vosa disposición. Por favor, trasladade esta información ás familias coas que tedes contacto. Moitas grazas. Equipo de Educación Infantil.
Seguindo as instrucións de Educación, a avaliación do segundo trimestre levarase a cabo na data prevista, polo que dende Educación Infantil necesitamos que nos enviedes un correo electrónico, cos datos da nai/ pai e do alumno/a, para poder enviarvos a información correspondente, podedes facelo a través do correo que temos a vosa disposición. Por favor, trasladade esta información ás familias coas que tedes contacto. Moitas grazas. Equipo de Educación Infantil.
O ABECEDARIO
E para hoxe propoñemos o repaso do abecedario con esta canción creada por Magín Blanco. Podedes aproveitar a oportunidade para buscar as letras do seu nome, en catro e cinco anos pensar e escribir palabras que empecen por determinadas letras e en cinco anos ,ademáis, relacionar a maiúscula coa minúscula.
mércores, 25 de marzo de 2020
BENVIDOS!
Ola familias!
A elaboración de este blog ten como finalidade que todos os recursos e propostas de actividades que dende educación infantil imos seguir poñendo nas redes sociais estén organizadas para que poidades disponer de forma sinxela ata que esta circunstancia remate.
Podedes acceder o contido mediante etiquetas (ver frecha na foto) que especifican a materia ou recurso do que queredes facer uso.
Ademáis poderedes facelo mediante a data de publicación (ver frecha na foto).
E tamén está a vosa disposición os enlaces á páxina web do centro e ás redes sociais clicando no link.
Desexamos que vos sexa de utilidade para lograr o noso obxectivo que é ofrecer aos nenos e nenas recursos educativos e actividades diarias que consideramos de proveito .
Un saúdo do Equipo de Infantil .
CONTACONTOS
Hoxe tócanos mover a lingua!
Deixámosvos un conto que favorece a expresión oral a partir da realización de praxias (exercicios coa lingua). Realizado por "El mundo de Laura".
martes, 24 de marzo de 2020
luns, 23 de marzo de 2020
OS NÚMEROS
Con esta canción lembraremos os números do un ao dez, e podedes aproveitar para contar obxectos da vida cotiá, como suxerimos nas recomendacións.
Podedes ver nas redes sociais fotos de aula relacionados co conteo.
mércores, 18 de marzo de 2020
martes, 17 de marzo de 2020
luns, 16 de marzo de 2020
GARBANCITO
Dende a páxina de Fábrica de Paraules comezan co seu contacontos diario. Hoxe se inicia con "Garbancito".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)