PAULO FREIRE
Etiquetas
venres, 30 de outubro de 2020
Plurinfantil: Happy Halloween!
Dende Plurinfantil queremos desexarvos a todos un Happy Halloween!
E tamén vos deixamos algunhas cancións de Halloween por se as queredes escoitar esta ponte
Nota: se empregades o móbil e non vedes os vídeos adxuntados ide ao final do post e premede en "Ver versión web".
xoves, 29 de outubro de 2020
A letra "e" en 5 anos
Esta semana na aula de 5 anos estivemos traballando a letra "e" aprendendo a súa grafía, facendo o noso propio libro de palabras que empecen pola "E", escoitando os seus contos e xogando moito con ela.
venres, 23 de outubro de 2020
Plurinfantil: "body parts"
Durante o mes de outubro estamos aprendendo as partes do corpo en inglés, centrándonos nas partes da cara.
Con este fin, ademáis da realización de xogos con flashcards e algunha manualidade que xa veredes, estamos aprendendo a cantar e bailar a seguinte canción:
mércores, 21 de outubro de 2020
A letra "a" en 5 anos
Na aula de 5 anos estamos traballando coa letra "a".
Ademáis, estamos vendo diferentes vídeos con xogos e cancións da letra "A" que vos deixamos por se os queredes escoitar na casa.
venres, 16 de outubro de 2020
Plurinfantil: "daily routines"
Dende Plurinfantil queremos darvos a oportunidade de seguir dende a casa o que estamos a traballar dende o cole, por exemplo, a través da escoita das cancións que traballamos.
Comezamos lembrando as cancións das rutinas que empregamos nas sesións diariamente.
Canción dos días da semana:
xoves, 15 de outubro de 2020
Novo curso 2020 - 2021
Comezamos un novo curso con moitas ganas, ilusión e con moitos cambios, que os nosos peques están levando estupendamente.
Deixámosvos algúns momentos de este primeiro mes de clases no que por fin volvimos a vernos, ou a coñecernos, no caso dos máis pequeniños/as.
Os nenos e nenas de 3 anos coa súa profe. |
Os peques de 4 aprendendo as medidas hixiénicas contra o coronavirus. |
Os nenos/as de 5 anos na súa aula nova. |
Desfrutando todos xuntos dos espectáculos. |
Con Himani, a nosa auxiliar de conversa. |