O equipo vermello tivemos un reto moi importante durante este trimestre: coidar do noso propio horto!
Comezamos traendo catro plantas de tomates que repartimos para cada equipo. Cada equipo sería o encargado de coidala, regala e poñerlle un nome. Todo isto poñéndose de acordo cada equipo de forma cooperativa e autónoma.
O equipo "e" decidiu chamar a súa planta Mamá, o equipo "i", Corazón, o equipo "o", María Tiburona e o equipo "u", Roquera.
Gustounos tanto a experiencia, que decidimos ir "rescatar" unhas alcachofas que estaban noutro patio do cole que tamén necesitaban a alguén que as coidase.
Pouco a pouco foron medrando e florecendo as nosas plantas, así que tocou trasplantalas.
E para o Día do Medio Ambiente, ademáis de ler un conto sobre as sementes, reciclamos os envases dos iogures do comedor como macetas e plantamos xirasois.