domingo, 28 de febreiro de 2021

 A NOSA MESA DE LUZ!

AS BOTELLAS DA CALMA!!




NÚMEROS ATA O 4! ABN



CLASIFICAMOS OS DINOSAURIOS NOS SEUS OVOS, POLAS SÚAS CORES, EN CASTELÁN, GALEGO E INGLÉS!




 A mochila Viaxeira de Anxo!!!!



 Protagonista da semana en 3 Anos: Altea

Encantounos ese enorme albume de fotos, coñecer a Artai, escoitar o conto que nos trouxeron os seus papás, a súa roupiña, os seus contos e xoguetes favoritos, e coñecer moitas máis cousas dela. 

Grazas Altea











mércores, 24 de febreiro de 2021

Plurinfantil: toys

 Os nenos e nenas de Plurinfantil estivemos a traballar os xoguetes en inglés.


Para iso, xunto coa nosa auxiliar de conversa, Himani, aprendimos o vocabulario coa axuda das flashcards.


E a través de numerosos xogos, como emparellar a flashcard co obxecto real.









Ou outras variantes coma identificar o que nos pide Himani:


O xogo que máis nos gusta é o de "Simon says", aínda que as veces aínda "piquemos" cando Himani non di "Simon says"...








See you later, alligator!!!

luns, 22 de febreiro de 2021

A recta numérica en 5 anos

 Os nenos e nenas de 5 anos temos unha recta numérica na mesa, pero as veces apetécenos ir ao patio a xogar ao grande con ela.


Primeiro a temos que montar en orde:

Logo facemos xogos de ir saltando ata o número que se pida e tamén buscar o número posterior e anterior:


E, por último, axudámonos con ela para resolver diferentes problemas de sumas ou restas:




xoves, 18 de febreiro de 2021

Experimento artístico con Betadine e limón


 Para o experimento de hoxe necesitaremos:

- Povidona iodada (Betadine) diluída en auga.

- Zume de limón.

- Folios.

- Pinceles.



Primeiro exprimiremos os limóns para facer o zume:

Despois pintaremos os folios coa mestura de Betadine e auga (canto máis diluída, máis suave vai saír a cor):


E por último, "pintaremos" co zume de limón, o cal fará desaparecer a cor da mestura de Betadine.



Quedando obras tan chulas coma estas:





O Entroido en 5 anos

 Durante este entroido as nenas e nenos de 5 anos....


Cumplimos con todos os mandados do Meco:







Fixemos o noso disfraz de La Abeja Maya


Desfilamos co resto das películas dos nosos compañeiros/as:





E ata fixemos unha abelliña para o Día dos Namorados coas profes Olalla e Cristina:




Pero sobre todo... Pasámolo xenial!







venres, 5 de febreiro de 2021

Chegou o Entroido!

 


Chegou o Entroido!  Pero antes da festa do Entroido que este ano terá de temática o cine, o luns aparece no centro a figura do Meco cos seus mandados (non acumulativos e só para Educación Infantil). Preparados/as?

 

O luns, algo na cabeza debes traer se ao meco queres obedecer!

O martes, se queres sentirte glamuroso, viste con xeito o pescozo!

O mércores non vaias tropezar, trae zapatos diferentes en cada pé para poder bailar!

O xoves tedes que traballar, facede unhas antenas de abella para a cabeza adornar!

O venres o Meco déixavos descansar, só tedes que vestirvos de negro para a festa ben rematar!

 

Nota: Para a elaboración das antenas de abella podedes empregar unha diadema do pelo, limpapipas e pompóns. Se botades un ollo pola rede, poderedes ver diferentes modelos. Se algún ou algunha de vos xa as ten mercadas ou as quere mercar tamén nos serven.

Como vedes, o deseño é libre, pero deixámosvos o seguinte vídeo de exemplo por se necesitades algunha idea.

Titorial para realizar as antenas de abella.