luns, 30 de marzo de 2020

Contos sobre coronavirus

mision-quedarse-en-casa-dalmaus.png
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Neste enlace podes acceder a este conto  feito por DALMAUS.
 

Actividades coa recta numérica


Coa recta numérica podemos levar a cabo moitas actividades: traballamos a manipulación directa da grafía de cada número, vivenciamos có propio corpo a súa orde, contamos e recitamos de forma ascendente e descendente...  Nas redes sociais do centro poderedes ver fotografías dalgunhas destas actividades. 

Na casa podedes facer a vosa propia recta numérica pintándoa no chan (con xiz ou cinta aislante), ou empregando cartolinas nas que escribades cada un dos números. Podedes ir compoñéndoa e descompoñéndoa. Ir saltando número a número ou ata o número que se pida e logo preguntar cal é o seguinte ou anterior a ese número. Outra actividade pode ser buscar un número e facer unha colección con tantos obxectos como se diga, asociando cantidade coa grafía.

venres, 27 de marzo de 2020

Emparella o número co seu dado



A proposta de hoxe está relacionada coa lóxica-matemática pero dende unha perspectiva lúdica, grazas as TICs. 

Dende móbil, tableta ou ordenador, podedes repasar os números xogando a emparellalos co seu dado as veces que queirades. Clica no nome do xogo e a divertirse!



xoves, 26 de marzo de 2020

NOTA IMPORTANTE

Ola familias,
Seguindo as instrucións de Educación, a avaliación do segundo trimestre levarase a cabo na data prevista, polo que dende Educación Infantil necesitamos que nos enviedes un correo electrónico, cos datos da nai/ pai e do alumno/a, para poder enviarvos a información correspondente,  podedes facelo a través do correo que temos a vosa disposición. Por favor, trasladade esta información ás familias coas que tedes contacto. Moitas grazas. Equipo de Educación Infantil.

O ABECEDARIO


E para hoxe propoñemos o repaso do abecedario con esta canción creada por Magín Blanco. Podedes aproveitar a oportunidade para buscar as letras do seu nome, en catro e cinco anos pensar e escribir palabras que empecen por determinadas letras e en cinco  anos ,ademáis, relacionar a maiúscula coa minúscula.



 Nesta páxina de educaplanet podedes atopar fichas en maiúsculas do abecedario.

mércores, 25 de marzo de 2020

BENVIDOS!

 Ola familias!
 A elaboración de este blog  ten como finalidade que todos os recursos e propostas de actividades  que dende educación infantil   imos seguir poñendo nas redes sociais estén organizadas para que poidades disponer de forma sinxela  ata que esta circunstancia remate.
Podedes acceder o contido mediante etiquetas (ver frecha na foto) que especifican a materia ou recurso do que queredes facer uso.



Ademáis poderedes facelo mediante a data de publicación (ver frecha na foto).

E tamén está a vosa disposición  os enlaces á páxina web do centro e ás redes sociais clicando no link.

Desexamos que vos sexa de utilidade para lograr o noso obxectivo que é ofrecer aos nenos e nenas recursos educativos  e actividades diarias que consideramos de proveito .
Un saúdo do Equipo de Infantil .



CONTACONTOS

Hoxe tócanos mover a lingua!
 Deixámosvos un conto que favorece a expresión oral a partir da realización de praxias (exercicios coa lingua). Realizado por "El mundo de Laura".
 
 

luns, 23 de marzo de 2020

OS NÚMEROS


Con esta canción lembraremos os números do un ao dez, e podedes aproveitar para contar obxectos da vida cotiá, como suxerimos nas recomendacións.
 
 
Podedes ver nas redes sociais fotos de aula relacionados co conteo.

mércores, 18 de marzo de 2020