mércores, 30 de xuño de 2021

Despedida equipo vermello

 Estes peques deixan de ser tan peques para comezar unha nova etapa: primaria.


E as profes Vanesa, Cristian, Olalla e Paula, en representación de todos os profes que compartimos esta etapa con vós, queríamos despedirnos cun vídeo.

Despedida Equipo Vermello

Feliz verán, equipo!!!





PD- Graciñas a Cristian por montar o vídeo e a Vanesa polas fotos de 3 anos.


O noso horto

 O equipo vermello tivemos un reto moi importante durante este trimestre: coidar do noso propio horto!


Comezamos traendo catro plantas de tomates que repartimos para cada equipo. Cada equipo sería o encargado de coidala, regala e poñerlle un nome. Todo isto poñéndose de acordo cada equipo de forma cooperativa e autónoma.




O equipo "e" decidiu chamar a súa planta Mamá, o equipo "i", Corazón, o equipo "o", María Tiburona e o equipo "u", Roquera.






Gustounos tanto a experiencia, que decidimos ir "rescatar" unhas alcachofas que estaban noutro patio do cole que tamén necesitaban a alguén que as coidase.



Pouco a pouco foron medrando e florecendo as nosas plantas, así que tocou trasplantalas.








E para o Día do Medio Ambiente, ademáis de ler un conto sobre as sementes, reciclamos os envases dos iogures do comedor como macetas e plantamos xirasois. 







Feliz verán, hortiño!!!




Aniversarios no terceiro trimestre na aula de 5 anos

 Parabéns as nenas e nenos que cumpliron 6 anos este trimestre!


Mateo B.




Noe V.



Ainara




Adrián




Pablo




luns, 21 de xuño de 2021

 SORPRESA!!! FESTA SORPRESA PARA OS PEQUES, E CELEBRACIÓN DOS CUMPLES DE ALTEA, ROI E ANXO, QUE CUMPREN EN PLENO VERÁN, E DE ÁXEL, QUE NON TIVO CELEBRACIÓN PORQUE CUMPRIU EN SEMANA SANTA. FELICIDADES PEQUES!