venres, 29 de maio de 2020

Plastilina caseira

A profe Silvia tráenos unha receita moi sinxela para facer a nosa propia plastilina non tóxica e moitas actividades para poder desfrutala.

Só necesitaredes: fariña, aceite, sal, auga e, de forma opcional, colorante alimentario.

Ao ser comestible, non aguanta demasiado, pero podedes facer que dure preto dunha semana se a gardades ben nunha bolsa zip (tipo para os conxelados) ou envolta en film transparente.

Agora, a divertirse moito con ela!

xoves, 28 de maio de 2020

As nosas rutinas en Plurinfantil

As profes Paula e Himani realizan, coa axuda de Froggy e das gafas máxicas, algunhas das rutinas que normalmente practicamos nas horas de Plurinfantil.  Acordádevos?


mércores, 27 de maio de 2020

Coloca os lápices!

A proposta de hoxe consiste en colocar lápices segundo un modelo , actividade coa que estamos a traballar a orientación espacial.
O primeiro que temos que facer é coller lápices de colores ou rotuladores, facer unas plantillas con diferentes modelos, como por exemplo os que tedes a continuación e prestar moita atención para colocalos sobre a mesa do mesmo xeito que aparecen no modelo.
Estes modelos poden ser sinxelos , principalmente para tres anos,como os que tedes a continuación.
 
 
 
 
 
 
Ou facelos un pouco máis complicados para catro e cinco anos.
 
 
 
 
 
Esperamos que vos guste a actividade!
 

martes, 26 de maio de 2020

O intruso

No PDF adxunto aparecen una serie de letras seguidas  dunha serie de debuxos. Deberemos localizar o debuxo intruso, para dar con el só teremos que ver se o seu nome comeza coa letra indicada.

Por exemplo:

Na serie da letra A aparece: Amarelo, Árbore, Agasallo, Esquío e Abano. Neste caso o intruso é o esquío, xa que o seu nome non comeza coa letra A.

Lembrade que pode ser un ou varios intrusos.

Comezamos?


luns, 25 de maio de 2020

Confinamento en movemento: circuito soprado

Preparade os pulmóns porque aquí chega o séptimo reto do profe Cristian!

Para este reto necesitaredes tamén una pelota lixeira (que se pode facer de papel), unha palliña e o circuito que se vos ocorra e que podedes facer debuxando, empregando obxectos da casa como obstáculos, etc.


Nos vos esquezades de mandar os vosos retos antes do domingo a guntin.infantil@gmail.com para que o profe Cristian edite un vídeo con todos eles.

Estamos desexando ver os vosos circuitos!

venres, 22 de maio de 2020

Tres en raia

Unha cartolina con forma cadrada.


Dividímola en 9 ocos, tal que así.

5 fichas para cada xogador. Neste caso, escollemos botón, uns azuis e outros vermellos pero, podemos usar calquera outro material.

O xogador de menor idade comeza colocando unha ficha nun dos nove ocos. A continuación, sería a quenda do outro xogador, e así sucesivamente.

Gaña o xogo o primeiro xogador que consiga facer liña (3 botóns da mesma cor en horizontal, vertical ou diagonal).


xoves, 21 de maio de 2020

A mensaxe oculta

A actividade de hoxe consiste en descifrar a mensaxe que se oculta detrás desta secuencia de debuxos.
Para poder descifrala teremos que ir colocando a inicial (primeira letra) de cada debuxo.
Adiante, estou segura que o ides conseguir!! Se preferides, podedes imprimir a imaxe AQUÍ
Unha vez descrifrada a mensaxe podedes contestar unhas breves preguntas de comprensión lectora. Os nenos e nenas de 3 e 4 anos de forma oral e os nenos de 5 de forma escrita.
Como se chama o neno?
Que come?
Onde come?

mércores, 20 de maio de 2020

Xogos matématicos interactivos

Para esta semana propoñemos traballar os números do 1 ao 10 de forma interactiva cuns xogos que podedes facer dende Tablet, ordenador ou móbil.
Se entrades na páxina calaixet de recursos, clicando neste mismo enlace, podedes acceder   a unha primeira actividade onde teñen que ordenar as gotas de auga de menor a maior (os nenos e nenas de tres anos necesitarán axuda dun adulto) e unha segunda actividade onde teñen que ir resolvendo a conta atrás (4 e 5 anos).
Esperamos que sexa do voso agrado!

martes, 19 de maio de 2020

Confinamento en movemento: a vasoira

Sexto reto do profe Cristian! Buscade una vasoira e... a moverse!



E lembrade enviar os vosos retos a guntin.infantil@gmail.com antes do domingo para que o profe Cristian edite un vídeo con todas as respostas.

A polos retos!

venres, 15 de maio de 2020

Ricardo Carvalho Calero

Este ano no día das Letras Galegas o homenaxeado é o autor Ricardo Carvalho Calero. 

Carvalho Calero foi un escritor e mestre que naceu en Ferrol o 30 de outubro de 1910. Xa de pequeno gustáballe moito ler e unha das súas escritoras favoritas era Rosalía de Castro.

Pero para que o coñezades mellor os deixamos este conto dos Bolechas sacado do Portal de Lingua Galega.



Quen se atreve a facer unha SCAPEROOM INTERACTIVA sobre o autor? (Premede dentro do enlace no altavoz e logo nas frechas para comezar o xogo).

Tamén podedes realizar algunha destas actividades, clasificadas según idades:



Actividades para 5 anos

Lembrade que o luns 18 non é lectivo, pero estade atentos ás redes sociais que teremos algunha sorpresa.

Desfrutade da ponte!


xoves, 14 de maio de 2020

Feliz aniversario!

Parabéns a Mateo Bascoy, Noé Valladares, Ainara e Adrián que cumpriron 5 anos estes días.




Serpes de espuma

Hoxe realizaremos serpes de espuma empregando lavavaixelas, auga, unha botella de plástico, un anaco de tela e unha goma elástica.
As medidas para a mestura serán dúas de auga por cada unha de lavavaixelas.


Esperamos que vos guste!




mércores, 13 de maio de 2020

XOGAMOS COAS SERIES

Este tipo de xogos potencian a percepción visual , a atención e o pensamento lóxico.
Consiste na ordenación de elementos mediante un criterio e para iso necesitamos obxectos que podemos dispoñer na casa.

 Para tres e catro  anos podemos utilizar, entre otras cousas, pinzas de cores, como podedes ver no exemplo, e utilizaremos neste caso o tributo de cor.

En catro anos podemos poñelo un pouco máis difícil, e en vez de dúas cores utilizar tres.
Tamén podemos utilizar obxectos diferentes.

E en cinco anos podemos complicalo un pouco máis utilizando disferentes obxectos e cuantías de estos, que o memoricen e sen ter o patrón diante que o reproduzan.



martes, 12 de maio de 2020

Vai de letras

Esta actividade consiste na creación de palabras a través de material de refugallo. Nesta ocasión empregamos os botes de iogur bebibles que conteñen letras impresas pero, se non temos, podemos usar vasos de plástico nos que podemos escribir as letras ou mesmo cadrados de cartóns (como os que usamos para o memory).

Os nenos de 3 e 4 anos poden compoñer o seu nome, o dos seus pais, o da súa mascota, todos os que a eles se lles ocorra.


Os nenos de 5 anos poden facer a actividade anterior, así como construir unha frase ou mesmo, xogar ao Aforcado. 

Regras de xogo do Aforcado:

2 xogadores 
Un folio.
Un dos xogadores pensa unha palabra (por exemplo: colexio) e debe dicirlle ao outro xogador cantas letras ten (neste caso: sete).

O xogador que ten que adivinar vai dicindo letras, por exemplo: a O.
Se a palabra que había pensado o primeiro xogador, ten esa letra, deberá indicarlle en que lugar ou lugares. Neste caso tería que completar o segundo e o último lugar.

Se non é quen de adiviñala, deberá seguir dicindo letras ata que consiga descubrir a palabra oculta.



luns, 11 de maio de 2020

Confinamento en movemento: ensartamos pasta.

Para facer este quinto reto precisaredes un coador, espaguetis e macarróns.


E non vos esquezades de enviar, antes do domingo, os vosos retos a guntin.infantil@gmail.com para que o profe Cristian elabore un vídeo con todas as respostas.


A polos retos!

venres, 8 de maio de 2020

Galletas de manteiga

Para facer esta receita só necesitaredes:
  • 125g de manteiga (que un adulto terá que quentar uns segundos no microondas para que non esté tan dura)
  • 180g de fariña
  • 55g de azucre

E ademáis: un recipiente, un rodete (rodillo), moldes de galletas, papel de forno e, por suposto, un forno.


Xunta a fariña co azucre e a manteiga no recipiente.

Mestura ben todo amasando coas mans coma se fose plastilina.

Coloca a masa sobre o papel de forno e esténdea ben co rodillo ata que teña un grosor de un centímetro.

Corta a masa usando os moldes de galletas e vai colocándoas na bandeixa do forno deixando un espazo de dous ou tres dedos entre elas para que non se peguen ao cociñarse.

Por último, pide axuda a un adulto para que as meta no forno, precalentado 10 minutos, durante 15 minutos a 170º.

E a saborealas!

Estas son as da profe María e a súa filla Naia. Agora queremos ver as vosas!





xoves, 7 de maio de 2020

Son de Poetas: Manuel María

Hoxe toca repasar o aprendido este curso sobre Manuel María dentro do proxecto de centro Son de Poetas a través dun vídeo que resume os aspectos da vida do autor que traballamos dende a aula.

Manuel María

Tamén podedes escoitar os poemas que mencionamos no vídeo.

Poemiña para namorar unha rosa


O Río - O Mar

A Vaca






mércores, 6 de maio de 2020

OS NÚMEROS VECIÑOS

 Para hoxe propoñemos xogar cos números veciños, para iso,  necesitamos  números  que  serán escritos en tapóns  e tarxetas que podedes facer vós como podedes ver nos exemplos.
Os nenos e nenas de tres anos poden xogar cos números do 1 ao 3.

Os nenos e nenas de 4 cos números de 0 ao 10.

E os nenos e nenas de 5 anos poden facelo cos números do 0 ao 99.


Para completar a actividade en 5 anos podemos poñer a cada familia na súa casiña, que xa fixemos na aula ,  proposta do Blog Aula de la maestra Laura.
 Sempre podedes facer a casa de forma diferente.

martes, 5 de maio de 2020

A túa palabra (galega) favorita.

Queremos facer un vídeo sobre as palabras galegas máis bonitas e para iso necesitamos a vosa axuda.

Vós teredes que:

  1.  Pensar unha palabra en galego que vos guste moito.
  2.  Escribila ou debuxala nun folio ou cartolina (podedes pedir axuda as vosas familias).
  3.  Gravádevos co cartel da palabra (menos de 10 segundos) en formato horizontal (o móbil tumbado). No vídeo podedes dicir a palabra ou só mostrala. 
  4.  Enviar o vídeo a guntin.infantil@gmail.com antes do domingo 10 (incluído).
Moitas grazas pola vosa colaboración!

Sorpresa!

Alguén hoxe está de aniversario. Quen será?
Pois… a profe Paula.
Dende aquí queremos mandarlle un bico e unha aperta moi grande.
Disfruta do teu día, profe Paula!
 

Había unha vez...

A actividade desta semana a titulamos: HABÍA UNHA VEZ...
O primeiro que faremos será crear unhas táboas con 5 letras, tal que así: 
Coas cinco vogais para 3 anos.
Con vogais e consonantes maiúsculas para 4 anos.
Con vogais e consonantes en minúscula para 5 anos.

Buscaremos en revistas, xornais, folletos de publicidade,… imaxes de obxectos, xoguetes, alimentos, que comecen coas letras elixidas previamente. Irémolas pegando na columna correspondente (tal e como se amosa na primeira imaxe).
Unha vez completada a táboa os nenos de 3 e 4 anos elexirán tres imaxes e inventarán unha pequena historia oral.
Os nenos de 5 anos, elexirán cinco imaxes e escribirán a historia. Unha vez rematada, terán que lerlla aos seus familiares.

luns, 4 de maio de 2020

Confinamento en movemento: a bolboreta.

Novo reto do profe Cristian! Hoxe só precisades do voso propio corpo e un pouco de equilibrio para facer outras tres posturas de ioga.



Animádevos a mandar as vosas posturas (gravadas en horizontal) ao correo de guntin.infantil@gmail.com para que o profe Cristian xunte todas as respostas que cheguen antes do domingo nun vídeo.

A divertirse!