PAULO FREIRE

"A educación non cambia o mundo, cambia ás persoas que van cambiar o mundo" Paulo Freire




Amosando publicacións coa etiqueta Semana do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Semana do libro. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de abril de 2020

Semana do libro: The Colour Monster


Dende Plurinfantil tamén queremos participar nesta semana do libro cun conto que coñecemos moi ben: The Colour Monster de Anna Llenas. A partir do cal repasaremos as cores cunha canción e realizando un sinxelo arco da vella (rainbow en inglés).

THE COLOUR MONSTER



SONG: WHAT'S YOUR FAVORITE COLOUR?



RAINBOW




Para facer este rainbow só necesitaredes: una folla de papel de cociña, rotuladores de cores e dous vasos cun pouquiño de auga.

1. Dobramos o papel de cociña en sentido vertical.

2. Coloreamos os extremos do papel con rotulador. Podedes usar as cores do arco da vella ou outras, pero é moi importante que sexa a mesma cor en cada extremo, tal como se ve na foto. 


Canto máis coloreedes, máis rápido se unirán as cores, pero a gracia e deixar una boa parte en branco para ver como se van unindo pouco a pouco. Se se colorea moi pouquiño, a cor acabarase antes de chegar a unirse. 


3. Metemos cada extremo do papel nun dos vasos (que terán un pouquiño de auga).


4. Miramos como pouco a pouco as cores van subindo polo papel ata xuntarse, formando así o noso arco da vella. 





E xa tedes o voso rainbow!


Este é da profe María e a súa filla Naia. Agora queremos ver os vosos! 








xoves, 23 de abril de 2020

Día do Libro

Hoxe, 23 de abril, celébrase o Día do Libro co obxectivo de fomentar a lectura.

Escolleuse esta data por ser o día en que morreron autores moi importantes a nivel mundial como Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Inca Garcilaso de la Vega, William Wordsworth o Josep Pla.

Centrarémonos en Miguel de Cervantes quen escribiu a famosa obra de Don Quijote de la Mancha.

Queredes coñecer un pouco máis sobre Don Quijote? Pois deixámosvos a canción e a introdución dunha serie baseada nesta novela.

A canción de Don Quijote

A introdución da serie



E como non hai mellor maneira de celebrar este día que a través dos contos, propoñémosvos tamén que escoitedes (ao clicar no título) o conto de DESPOIS DA CHUVIA, contado por Paco Nogueiras en Kalandraka TV.

Ademais, deixámosvos as seguintes actividades que podedes realizar despois de escoitar este conto ou calquera outro:


Feliz Día do Libro!

mércores, 22 de abril de 2020

Semana do libro: "Del círculo que se cayó de una camiseta de lunares"


Hoxe imos traballar con este conto de Cristina Oleby e ilustrado por Jesús Navarro da editoral Espigadora Producciones, S.L.
 As propostas de actividades, relacionadas coas figuras xeométricas, están neste PDF.
 

martes, 21 de abril de 2020

Semana do libro: "El Sol llega tarde" (LSE)


Hoxe imos ver un conto en castelán pero tamén en lingua de signos española (LSE), a lingua que se fala coas mans e na que xa nos introducimos no cole a través da curtametraxe El sueño de Pedro.


Este conto está dentro dos Signacuentos: cuentos con las manos de Clan, e podedes velo facendo click no título: EL SOL LLEGA TARDE

Despois de ver o vídeo podedes buscar no alfabeto dactilolóxico (o alfabeto que se fai coas mans) a vosa inicial e intentar reproducila.

Imaxe da Federación de Xordos da Comunidade de Madrid.

E para poder seguir practicando a escritura das letras, pero sen gastar ningún folio, podedes empregar una bandexa con sal, tal como se ve na foto, ou tamén con fariña, cacao en polvo, pan raiado….


Os nenos e nenas de 3 anos poden practicar as vogais en maiúsculas, os de 4 todo o alfabeto en maiúsculas e os de 5 anos, o alfabeto tanto en maiúsculas como en minúsculas.

Para axudar na realización destas letras os deixamos unhas TARXETAS DE TRAZOS que o indican como facer cada letra.

Agora, a practicar!


luns, 20 de abril de 2020

Semana do libro: "Viaje al Bosque Encantado"


Esta semana é a Semana do Libro e que mellor maneira de celebralo que a través dos contos. Por iso, dende a bitácora PEQUES GUNTÍN imos publicar cada día un conto.

Os luns é o día de psicomotricidade no blog e por iso o primeiro conto que imos ver será un conto de ioga no que poderedes practicar a postura do reto da semana pasada: a árbore.


"Viaje al Bosque Encantado"


E permanecede  atentos porque hoxe tamén toca o segundo reto do profe Cristian.