xoves, 30 de abril de 2020

Día da Nai

Para celebrar este día tan especial, deixámosvos as seguintes propostas.

RAMILLETE DE FLORES


Precisamos unha cartolina de cor verde (21cm x 21 cm), se non temos podemos colorear un folio ou cartolina branca cunha cera verde tumbada. 

Colocamos a cartolina en posición rombo e dobramos tal que así.

O seguinte paso, será facer as solapas, dobrando para que nos quede de esta forma.

Unha vez, feito o envoltorio só nos queda facer dous furadiños para pasar un lazo o cinta.

No interior iremos pegando as flores, pintadas previamente e decoradas ao gusto do neno/a.

Neste caso colocamos un pompón no círculo da flor pero, aquí cadaquén pode facelo como máis vos guste.

Estamos seguras que MAMÁ se sentirá a persoa mais especial do mundo.
Adxuntamos un MODELO DE FLORES, os que teñades impresora tan só tedes que imprimir e colorear. Se non temos, non pasa nada, podémolas debuxar con un rotulador ou cera negra ou mesmo pedir axuda a papá e que él as debuxe.


MARCAPÁXINAS DOS BOLECHAS

Os Bolechas propoñen que fagades un MARCAPÁXINAS, que ben podedes imprimir e colorear ou facer vos mesmos a vosa versión nunha cartolina.


CANCIÓN EN INGLÉS

Por último, podedes aprender esta canción para tamén felicitarlle o seu día en inglés.

Esperamos que desfrutedes de esta fin de semana tan especial.



Recursos sobre o coronavirus: Bailaremos baixo unha estrela

Hoxe presentámosvos un conto moi especial sobre o coronavirus



Unha canción para levantar os ánimos: COVID QUE TE VIN




E, por último, Baby Shark vainos recordar nunha canción en inglés as precaucións que temos que ter:
  • Lavar moito as mans con xabón.
  • Esbirrar tapando a boca cun pano ou co interior do cóbado. 


E non vos esquezades cando salgades da casa de non tocar a cara e manter a distancia de seguridade.

martes, 28 de abril de 2020

Memory de letras e palabras

A elaboración é moi sinxela, tan só se precisan 10 cadrados de cartón e un rotulador.

Para os nenos/as de 3 anos: farémola coas 5 vogais (as cales repetiremos unha vez, é dicir, teremos que ter dúas tarxetas de cada vogal).

Para os nenos/as de 4 anos: empregaremos vogais e consoantes (teremos tamén 2 tarxetas da mesma letra). Que letras escoller? Podedes comezar coas letras do propio nome e despois seguir coas letras dos nomes dos compañeiros e compañeiras.

Para os nenos/as de 5 anos: escribiremos palabras, xa que eles saben ler.

Comeza o xogo coas 10 tarxetas colocadas boca a baixo, levantamos de 2 en 2, se non sae parella, temos que voltear as cartas de novo e probar con outras 2.

No momento que se faga unha parella, o neno/a, terá que dicir unha palabra que comece por esa letra. Os nenos/as de 5 anos farán unha frase coa palabra coa que fixeran parella.
Para 3 anos aconséllase usar un máximo de 10 tarxetas, en 4 e 5 xa se poderían ir aumentando, tendo sempre en conta que o número de tarxetas coas que se xogue sexa par.  Agora só queda divertirse!

luns, 27 de abril de 2020

Confinamento en movemento: pesca de tapóns.

Para o terceiro reto necesitaredes un recipiente con auga, pinzas de cociña, tapóns e dous paos. Un consello, non vos desfagades dos tapóns porque faremos máis xogos con eles.



E lembrade que queremos ver como facedes os vosos retos! Podedes envialos ao correo de guntin.infantil@gmail.com para que o profe Cristian elabore un vídeo con todos os que recibamos antes do domingo.

A polos retos!

venres, 24 de abril de 2020

Indicacións para saír da casa

Con vistas a que este domingo os nenos e nenas xa poderán saír da casa, deixamos un conto de Carmen Esteban para poder explicarlles as precaucións que deberán seguir estando na rúa.

Podedes ler o conto clicando aquí: SOY EL OSO GOLOSO Y OS VOY A CONTAR CUÁNDO Y CÓMO SALIR A LA CALLE OTRA VEZ.

Coidádevos moito!



Semana do libro: The Colour Monster


Dende Plurinfantil tamén queremos participar nesta semana do libro cun conto que coñecemos moi ben: The Colour Monster de Anna Llenas. A partir do cal repasaremos as cores cunha canción e realizando un sinxelo arco da vella (rainbow en inglés).

THE COLOUR MONSTER



SONG: WHAT'S YOUR FAVORITE COLOUR?



RAINBOW




Para facer este rainbow só necesitaredes: una folla de papel de cociña, rotuladores de cores e dous vasos cun pouquiño de auga.

1. Dobramos o papel de cociña en sentido vertical.

2. Coloreamos os extremos do papel con rotulador. Podedes usar as cores do arco da vella ou outras, pero é moi importante que sexa a mesma cor en cada extremo, tal como se ve na foto. 


Canto máis coloreedes, máis rápido se unirán as cores, pero a gracia e deixar una boa parte en branco para ver como se van unindo pouco a pouco. Se se colorea moi pouquiño, a cor acabarase antes de chegar a unirse. 


3. Metemos cada extremo do papel nun dos vasos (que terán un pouquiño de auga).


4. Miramos como pouco a pouco as cores van subindo polo papel ata xuntarse, formando así o noso arco da vella. 





E xa tedes o voso rainbow!


Este é da profe María e a súa filla Naia. Agora queremos ver os vosos! 








xoves, 23 de abril de 2020

Día do Libro

Hoxe, 23 de abril, celébrase o Día do Libro co obxectivo de fomentar a lectura.

Escolleuse esta data por ser o día en que morreron autores moi importantes a nivel mundial como Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Inca Garcilaso de la Vega, William Wordsworth o Josep Pla.

Centrarémonos en Miguel de Cervantes quen escribiu a famosa obra de Don Quijote de la Mancha.

Queredes coñecer un pouco máis sobre Don Quijote? Pois deixámosvos a canción e a introdución dunha serie baseada nesta novela.

A canción de Don Quijote

A introdución da serie



E como non hai mellor maneira de celebrar este día que a través dos contos, propoñémosvos tamén que escoitedes (ao clicar no título) o conto de DESPOIS DA CHUVIA, contado por Paco Nogueiras en Kalandraka TV.

Ademais, deixámosvos as seguintes actividades que podedes realizar despois de escoitar este conto ou calquera outro:


Feliz Día do Libro!

mércores, 22 de abril de 2020

Semana do libro: "Del círculo que se cayó de una camiseta de lunares"


Hoxe imos traballar con este conto de Cristina Oleby e ilustrado por Jesús Navarro da editoral Espigadora Producciones, S.L.
 As propostas de actividades, relacionadas coas figuras xeométricas, están neste PDF.
 

martes, 21 de abril de 2020

Semana do libro: "El Sol llega tarde" (LSE)


Hoxe imos ver un conto en castelán pero tamén en lingua de signos española (LSE), a lingua que se fala coas mans e na que xa nos introducimos no cole a través da curtametraxe El sueño de Pedro.


Este conto está dentro dos Signacuentos: cuentos con las manos de Clan, e podedes velo facendo click no título: EL SOL LLEGA TARDE

Despois de ver o vídeo podedes buscar no alfabeto dactilolóxico (o alfabeto que se fai coas mans) a vosa inicial e intentar reproducila.

Imaxe da Federación de Xordos da Comunidade de Madrid.

E para poder seguir practicando a escritura das letras, pero sen gastar ningún folio, podedes empregar una bandexa con sal, tal como se ve na foto, ou tamén con fariña, cacao en polvo, pan raiado….


Os nenos e nenas de 3 anos poden practicar as vogais en maiúsculas, os de 4 todo o alfabeto en maiúsculas e os de 5 anos, o alfabeto tanto en maiúsculas como en minúsculas.

Para axudar na realización destas letras os deixamos unhas TARXETAS DE TRAZOS que o indican como facer cada letra.

Agora, a practicar!


luns, 20 de abril de 2020

Confinamento en movemento: torre de papel hixiénico


Segundo reto de parte do profe Cristian! E para este precisamos rollos de papel hixiénico.



Quén se atreve a facer algún dos retos? Animádevos a intentalo e a enviarnos os vosos vídeos (gravados en horizontal) ou fotos ao correo de guntin.infantil@gmail.com. O profe Cristian realizará un vídeo con todas as respostas que cheguen antes do domingo. 

A polos retos!

Semana do libro: "Viaje al Bosque Encantado"


Esta semana é a Semana do Libro e que mellor maneira de celebralo que a través dos contos. Por iso, dende a bitácora PEQUES GUNTÍN imos publicar cada día un conto.

Os luns é o día de psicomotricidade no blog e por iso o primeiro conto que imos ver será un conto de ioga no que poderedes practicar a postura do reto da semana pasada: a árbore.


"Viaje al Bosque Encantado"


E permanecede  atentos porque hoxe tamén toca o segundo reto do profe Cristian. 


venres, 17 de abril de 2020

Frauta de Pan


Proposta de NEUROSENS para realizar as nosas propias FRAUTAS DE PAN con materiais que podemos ter na nosa casa.

Esperamos que o pasedes moi ben!



xoves, 16 de abril de 2020

Rutinas en Plurinfantil


Hoxe continuamos repasando as rutinas das clases de inglés e plurilingüismo en infantil.


A canción do tempo atmosférico:



A canción para despedirnos:



See you later, alligator! Bye bye, butterfly!


mércores, 15 de abril de 2020

Propostas de actividades lóxica- matemática

 1. MEDIDA DE OBXECTOS.

Esta actividade consiste en clasificar distintos obxectos de menor a maior ou de maior a menor. Ver exemplo.



2. RELACIÓN NÚMERO - CANTIDADE




Para a realización desta actividade necesitamos vasos de iogures e tapóns ou boliñas de papel.
En cada vaso poñemos os números do 1 ao 3  para os nenos/as de tres anos, de 1 ao 6 para os nenos/as de 4 anos e do 1 ao 10 ou máis para os nenos/as de 5 anos,  consiste en meter tantos tapóns como nos indica o número escrito en cada vaso.
Cos nenos/as de 5, ademais, podemos utilizalos para facer sumas.


3. SUBITIZACIÓN
 
A subitización consiste en estimar a cantidade de obxectos que se nos presenta nunha imaxe sin realizar actividade de cálculo. Coa práctica  resúltalles  cada vez máis sinxelo.

Deixamos aquí uns enlaces da páxina ACTILUDIS para que poidades prácticar segundo as idades.




martes, 14 de abril de 2020

Confinamento en movemento: a postura da árbore



O profe Cristian vainos propoñer diferentes retos psicomotores para realizar na nosa casa. O primeiro reto vai ser unha postura de ioga: a árbore.





Animádevos a facelo (nenos, nenas e maiores) e a enviarnos os vosos vídeos ou fotos ao correo de guntin.infantil@gmail.com

Estamos impacientes por ver os vosos retos!

venres, 3 de abril de 2020

Obra teatral de Mamá Cabra


Para este venres antes da Semana Santa promoñémosvos unha proposta teatral da man de Mamá Cabra: 15 primaveras. Desfrutade destes días de lecer!


xoves, 2 de abril de 2020

Aliméntate ben

Hoxe propoñemos unha actividade relacionada co Proxecta Aliméntate Ben, consiste en clasificar os alimentos. Podedes utilizar os catálogos dos supermercados, alimentos reais ou de xoguete.



mércores, 1 de abril de 2020

Feliz aniversario!


Parabéns a todos os nenos e nenas que cumpliron anos estre trimeste! Esta canción vai dedicada a Yaiza, Lucía, Roque, Álex López, Carlos, Álex Vidal e Arturo. Podedes ver as súas fotos nas redes sociais do centro.

Estimulación da linguaxe oral

Silvia, a mestra de Audición e Linguaxe, propuxo  estes vídeos elaborados por Eugenia Romero, para a discriminación de sons e traballo de onomatopeas.