luns, 30 de novembro de 2020

A letra "o" en 5 anos.

 


A letra "o" ademáis de traballala coma as outras letras, a estivemos escribindo en espuma (de afeitar). E pasámolo de medo!







A continuación adxuntamos as cancións e xogos da letra "o" por se as queredes escoitar na casa.






Nota: se empregades o móbil e non vedes os vídeos adxuntados ide ao final do post e premede en "Ver versión web".

domingo, 29 de novembro de 2020

xoves, 26 de novembro de 2020

Foliada improvisada

 As nenas e nenos de 5 anos empezamos esta tarde a explorar instrumentos tradicionais coma a pandeireta e as cunchas (o profe Luis que debeu cear vieiras e nos trouxo os restos). 

E aos compañeiros/as de 3 e 4 anos gustoulles tanto que eles puxeron o baile.



Ao final ata nos turnamos para facer un pequeno festival e cantar e tocar cada un unha canción.


E pola mañá tamén aproveitamos o patio traballando a lóxica-matemática a partir de xogos de números coa ruleta e cun xogo de igualación de conxuntos.




mércores, 25 de novembro de 2020

25 de Novembro

 

Os Peques de Guntín dicimos NON participando na VII Andaina contra a violencia de xénero e levando o noso cartel.






E a cambio déronnos uns globos violetas.



martes, 24 de novembro de 2020

Plurinfantil: "food"

 Dende plurinfantil estamos traballando a comida en inglés a través do conto The Very Hungry Caterpillar (A oruguiña glotona).



A profe Himani contounos o conto e explicounos o vocabulario coa axuda das flashcards e da comidita de xoguete.







E incluso xogamos ao bingo co vocabulario aprendido.







Bingo!


Se queredes na casa podedes volver a escoitar o conto:



Ou a canción que estamos a aprender na aula:




See you later, alligator!



sábado, 21 de novembro de 2020

CHEGOU O OUTONO E TEMOS QUE APROVEITALO!

COS ELEMENTOS QUE NOS PROPORCIONA, APROVEITAMOS PARA TRABALLAR AS SERIES, CON FROITOS DE OUTONO,





E TAMÉN A ASOCIACIÓN NÚMERO-CANTIDADE.







 AS NOSAS RUTINAS!! DÍAS DA SEMANA

EN INGLÉS TAMÉN!!

https://www.youtube.com/watch?v=C2DNBnhMpvQ


https://www.youtube.com/watch?v=36n93jvjkDs&list=PLv6OVhuGkqEqDuftgsTBqkWP2ES8WFOBY



 PROTAGONISTA DA SEMANA: DANIELA!!!!!

ESTA SEMANA DANIELA ENSINOUNOS UN MONTÓN DE COUSAS. TIVEMOS UNHA PROTAGONISTA MOI APLICADA!!!



QUE FRÍO TIÑA A "NOSA DANIELA PROTAGONISTA". PERO XA SE ENCARGOU A PROPIA DANIELA DE REMEDIALO. QUE GUAPA A PUXO!

ARAI CUMPLIU 3 ANIÑOS, E OS SEUS COMPAÑEIROS QUIXERON FELICITALO. INCLUSO A SÚA IRMÁ MARA, O VEU FELICITAR (SEN MASCARILLA SO PARA O MOMENTO DA FOTO)

FELICIDADES ARAI!!!!!


 

domingo, 15 de novembro de 2020


LETRA A

Xa fai unhas semanas que coñecemos a Aurelio, este simpático morcego, que nos trae as letras. Neste caso tróuxonos a letra A, e na Pizarra dixital, estamos aprendendo a representala.