Coa recta numérica podemos levar a cabo moitas actividades: traballamos a manipulación directa da grafía de cada número, vivenciamos có propio corpo a súa orde, contamos e recitamos de forma ascendente e descendente... Nas redes sociais do centro poderedes ver fotografías dalgunhas destas actividades.
Na casa podedes facer a vosa propia recta numérica pintándoa no chan (con xiz ou cinta aislante), ou empregando cartolinas nas que escribades cada un dos números. Podedes ir compoñéndoa e descompoñéndoa. Ir saltando número a número ou ata o número que se pida e logo preguntar cal é o seguinte ou anterior a ese número. Outra actividade pode ser buscar un número e facer unha colección con tantos obxectos como se diga, asociando cantidade coa grafía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario