As nenas e nenos de 5 anos empezamos esta tarde a explorar instrumentos tradicionais coma a pandeireta e as cunchas (o profe Luis que debeu cear vieiras e nos trouxo os restos).
E aos compañeiros/as de 3 e 4 anos gustoulles tanto que eles puxeron o baile.
Ao final ata nos turnamos para facer un pequeno festival e cantar e tocar cada un unha canción.
E pola mañá tamén aproveitamos o patio traballando a lóxica-matemática a partir de xogos de números coa ruleta e cun xogo de igualación de conxuntos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario