domingo, 14 de marzo de 2021

Caracol, saca os teus cornos ao sol.

 Na aula de 5 anos estivemos a aprender unha cantiga na que o caracol é o protagonista.



Caracol, col, col, saca os teus cornos ao sol.
Caracol, col, col, saca os teus cornos ao sol.
E ao labrego que traballa non lle comas outra col,
Caracol, col, col. Cara col, col, col.

Caracol, col, col, cada corno ao seu farol.
Caracol, col, col, cada corno ao seu farol.
As túas rúas son de prata tamén son de catasol.
Caracol, col, col. Cara col, col, col.


E tampouco dubidamos en adicarlla directamente ao protagonista cando coincidimos con el no patio.





Ningún comentario:

Publicar un comentario