1. MEDIDA DE OBXECTOS.
Esta actividade consiste en clasificar distintos obxectos de menor a maior ou de maior a menor. Ver exemplo.
2. RELACIÓN NÚMERO - CANTIDADE
Para a realización desta actividade necesitamos vasos de iogures e tapóns ou boliñas de papel.
En cada vaso poñemos os números do 1 ao 3 para os nenos/as de tres anos, de 1 ao 6 para os nenos/as de 4 anos e do 1 ao 10 ou máis para os nenos/as de 5 anos, consiste en meter tantos tapóns como nos indica o número escrito en cada vaso.
Cos nenos/as de 5, ademais, podemos utilizalos para facer sumas.
3. SUBITIZACIÓN
A subitización consiste en estimar a cantidade de obxectos que se nos presenta nunha imaxe sin realizar actividade de cálculo. Coa práctica resúltalles cada vez máis sinxelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario