martes, 28 de abril de 2020

Memory de letras e palabras

A elaboración é moi sinxela, tan só se precisan 10 cadrados de cartón e un rotulador.

Para os nenos/as de 3 anos: farémola coas 5 vogais (as cales repetiremos unha vez, é dicir, teremos que ter dúas tarxetas de cada vogal).

Para os nenos/as de 4 anos: empregaremos vogais e consoantes (teremos tamén 2 tarxetas da mesma letra). Que letras escoller? Podedes comezar coas letras do propio nome e despois seguir coas letras dos nomes dos compañeiros e compañeiras.

Para os nenos/as de 5 anos: escribiremos palabras, xa que eles saben ler.

Comeza o xogo coas 10 tarxetas colocadas boca a baixo, levantamos de 2 en 2, se non sae parella, temos que voltear as cartas de novo e probar con outras 2.

No momento que se faga unha parella, o neno/a, terá que dicir unha palabra que comece por esa letra. Os nenos/as de 5 anos farán unha frase coa palabra coa que fixeran parella.
Para 3 anos aconséllase usar un máximo de 10 tarxetas, en 4 e 5 xa se poderían ir aumentando, tendo sempre en conta que o número de tarxetas coas que se xogue sexa par.  Agora só queda divertirse!

Ningún comentario:

Publicar un comentario