Para celebrar este día tan especial, deixámosvos as seguintes propostas.
RAMILLETE DE FLORES
Precisamos unha cartolina de
cor verde (21cm x 21 cm), se non temos podemos colorear un folio ou cartolina
branca cunha cera verde tumbada.
Colocamos a cartolina en
posición rombo e dobramos tal que así.
O seguinte paso, será facer as
solapas, dobrando para que nos quede de esta forma.
Unha vez, feito o envoltorio
só nos queda facer dous furadiños para pasar un lazo o cinta.
No interior iremos pegando as
flores, pintadas previamente e decoradas ao gusto do neno/a.
Neste caso colocamos un pompón
no círculo da flor pero, aquí cadaquén pode facelo como máis vos guste.
Estamos seguras que MAMÁ se
sentirá a persoa mais especial do mundo.
Adxuntamos un MODELO DE FLORES, os que teñades impresora tan só tedes que imprimir e colorear. Se non
temos, non pasa nada, podémolas debuxar con un rotulador ou cera negra ou mesmo
pedir axuda a papá e que él as debuxe.
MARCAPÁXINAS DOS BOLECHAS
Os Bolechas propoñen que fagades un MARCAPÁXINAS, que ben podedes imprimir e colorear ou facer vos mesmos a vosa versión nunha cartolina.
CANCIÓN EN INGLÉS
Por último, podedes aprender esta canción para tamén felicitarlle o seu día en inglés.
Esperamos que desfrutedes de esta fin de semana tan especial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario