Este tipo de xogos potencian a percepción visual , a atención e o pensamento lóxico.
Consiste na ordenación de elementos mediante un criterio e para iso necesitamos obxectos que podemos dispoñer na casa.
Para tres e catro anos podemos utilizar, entre otras cousas, pinzas de cores, como podedes ver no exemplo, e utilizaremos neste caso o tributo de cor.
En catro anos podemos poñelo un pouco máis difícil, e en vez de dúas cores utilizar tres.
Tamén podemos utilizar obxectos diferentes.
E en cinco anos podemos complicalo un pouco máis utilizando disferentes obxectos e cuantías de estos, que o memoricen e sen ter o patrón diante que o reproduzan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario