Para hoxe propoñemos xogar cos números veciños, para iso, necesitamos números que serán escritos en tapóns e tarxetas que podedes facer vós como podedes ver nos exemplos.
Os nenos e nenas de tres anos poden xogar cos números do 1 ao 3.
Os nenos e nenas de 4 cos números de 0 ao 10.
E os nenos e nenas de 5 anos poden facelo cos números do 0 ao 99.
Para completar a actividade en 5 anos podemos poñer a cada familia na súa casiña, que xa fixemos na aula , proposta do Blog Aula de la maestra Laura.
Sempre podedes facer a casa de forma diferente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario