martes, 12 de maio de 2020

Vai de letras

Esta actividade consiste na creación de palabras a través de material de refugallo. Nesta ocasión empregamos os botes de iogur bebibles que conteñen letras impresas pero, se non temos, podemos usar vasos de plástico nos que podemos escribir as letras ou mesmo cadrados de cartóns (como os que usamos para o memory).

Os nenos de 3 e 4 anos poden compoñer o seu nome, o dos seus pais, o da súa mascota, todos os que a eles se lles ocorra.


Os nenos de 5 anos poden facer a actividade anterior, así como construir unha frase ou mesmo, xogar ao Aforcado. 

Regras de xogo do Aforcado:

2 xogadores 
Un folio.
Un dos xogadores pensa unha palabra (por exemplo: colexio) e debe dicirlle ao outro xogador cantas letras ten (neste caso: sete).

O xogador que ten que adivinar vai dicindo letras, por exemplo: a O.
Se a palabra que había pensado o primeiro xogador, ten esa letra, deberá indicarlle en que lugar ou lugares. Neste caso tería que completar o segundo e o último lugar.

Se non é quen de adiviñala, deberá seguir dicindo letras ata que consiga descubrir a palabra oculta.



Ningún comentario:

Publicar un comentario