Para facer esta receita só necesitaredes:
- 125g de manteiga (que un adulto terá que quentar uns segundos no microondas para que non esté tan dura)
- 180g de fariña
- 55g de azucre
Xunta a fariña co azucre e a manteiga no recipiente.
Mestura ben todo amasando coas mans coma se fose plastilina.
Coloca a masa sobre o papel de forno e esténdea ben co rodillo ata que teña un grosor de un centímetro.
Corta a masa usando os moldes de galletas e vai colocándoas na bandeixa do forno deixando un espazo de dous ou tres dedos entre elas para que non se peguen ao cociñarse.
Por último, pide axuda a un adulto para que as meta no forno, precalentado 10 minutos, durante 15 minutos a 170º.
E a saborealas!
Estas son as da profe María e a súa filla Naia. Agora queremos ver as vosas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario